Excarceradas dúas persoas nun accidente en Laxe

1 minutes read

Dúas persoas resultaron feridas ao producirse unha saída da vía dun turismo, con tres ocupantes no seu interior, contra unha casa e outro coche aparcado diante, na rúa Cova Grande, no Concello de Laxe. O suceso producíuse pasadas as 10:30 horas deste domingo. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao punto dúas ambulancias de SVB para trasladar aos feridos, a do PAC de Ponteceso e a de Carballo. Tamén pasou aviso ao GES de Ponteceso, así como aos Bombeiros de Carballo. Dos tres ocupantes que ían no coche sinistrado o que ocupaba os asentos traseiros saíu polo seu propio pé, pero os outros dous (condutora e acompañante) precisaron axuda dos bombeiros para saír, aínda que as súas feridas non eran graves, foron evacuados do lugar en ambulancia para proceder a súa revisión médica en profundidade. Ao lugar tamén acudiron Protección Civil de Laxe a a Garda Civil de Tráfico.

Operativo de urxencia para atender aos feridos_Bombeiros de Carballo.