Excarcerado o condutor dun turismo que se saíu da vía en Cerceda

1 minutes read

O condutor dun turismo precisou ser excarcerado este domingo en Cerceda despois de que se saíse da vía cando circulaba pola estrada que une Xesteda e Cerceda, precisamente no lugar da Picota. Así, os Bombeiros de Ordes empregaron o material de excarceración para liberar ao ferido, que rematou atrapado.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención, o home foi evacuado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o centro hospitalario de referencia.

Unha persoa particular chamou ao 112 para informar dunha saída de vía e solicitar axuda para o condutor do turismo, que non era capaz de abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Decontado, os xestores de emerxencia do 112 Galicia solicitaron a intervención dos bombeiros e do equipo de urxencias médicas. Pouco despois, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron ao 112 a mobilización da aeronave medicalizada ata o punto.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o 112 informouse tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Cerceda.