Excarcerado un condutor tras sufrir un accidente de tráfico no Concello de Melide

O parque provincial de Arzúa interveu nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de A Anduriña, na parroquia de Folladela, no Concello de Melide.

O aviso recibiuse informando dun sinistro cunha persoa ferida, pero non atrapada. Posteriormente, confirmouse a necesidade de excarceración do único ocupante do vehículo, polo que se mobilizou unha dotación de bombeiros.

O vehículo implicado saíuse da vía por unha ladeira duns oito metros e impactou contra varias árbores. A intervención dos bombeiros consistiu na retirada das portas e do tellado do vehículo, así como na protección do habitáculo, para proceder á excarceración da persoa ferida. A vítima, que presentaba un golpe na cabeza, foi posteriormente evacuada en padiola ata o helicóptero para o seu traslado ao hospital, xa que a ambulancia non podía acceder ao punto.

No operativo participaron tamén efectivos de  Garda Civil de Santiago, Protección Civil de Melide, 061 e o equipo do helicóptero H3.

Related posts

Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas