Excarcerado un condutor tras un accidente entre dous turismos en Vigo

112 Emerxencias

  • Os feitos sucederon na rúa Arquitecto Palacios a primeira hora da tarde deste martes

O condutor dun turismo tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Balaídos despois de producirse un accidente con outro coche, quedando ambos vehículos envorcados. As dúas persoas que viaxaban nun deles puideron saír polo seu propio pé, pero requiriron asistencia médica.

Os feitos sucederon na rúa Arquitecto Palacios, uns minutos antes das 16:00 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través de varias testemuñas.

No operativo tamén participaron membros da Protección Civil da cidade.