Excarcerado un ferido tras unha saída de vía dun turismo en Corcubión

Bombeiros de Cee.

O accidente produciuse minutos antes das cinco da tarde deste luns na estrada que comunica Cee con Fisterra, ao seu paso por Corcubión. Un particular chamou á central de emerxencias informando de que un vehículo saírase da vía chocando contra unha casa. Debido á posición na que quedou o turismo, o ferido quedou atrapado e necesitou axuda para abandonalo. Os xestores do 112 alertaron aos Bombeiros de Cee, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar ao ferido. Unha ambulancia de Urxencias Médicas – 061 encargouse do seu posterior traslado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha