Excarcerado un home despois de colidir dous vehículos en Arteixo

112 Emerxencias

  • O suceso tivo lugar na rotonda do polígono de Sabón durante a noite deste pasado venres

Os bombeiros tiveron que liberar a un home que quedou atrapado nun vehículo tras colidir contra unha furgoneta na AC-552, no punto quilométrico 8, en Arteixo.

O accidente produciuse durante a noite deste venres na rotonda do Polígono de Sabón, lugar onde acudiron os servizos de emerxencias para excarcerar ao condutor do turismo que quedara atrapado no seu interior.

Deste xeito, os dous únicos ocupantes de cada vehículo, conscientes en todo momento, puideron ser atendidos polos profesionais sanitarios, que acudiron ao lugar do suceso.

Pola súa banda, o persoal de Emerxencias 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Xinzo e pediu a colaboración dos membros de Protección Civil da localidade. Tamén contaron coa axuda dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.