Os Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso excarceraron ao condutor e único ocupante do vehículo, coa colaboración dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Posteriormente, a persoa ferida foi trasladada ao Punto de Atención Continuada nunha ambulancia.
O accidente produciuse no quilómetro 5 da AC-419, ás 21:00 horas da noite deste sábado. Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia, nese momento, para dar conta do accidente.
Axiña, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.