Excarceran a un condutor que se saíu da vía co seu coche en Santa Comba

1 minutes read

Os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao único implicado, que quedara envorcado na cuneta e era incapaz de saír do vehículo.

Faltaban escasos minutos para as 6:45 horas deste domingo cando un particular alertou ao 112 Galicia dun coche que envorcara tras saírse da vía no quilómetro 17 da DP-2904, en Montouto (Santa Comba). O accidentado precisaba asistencia sanitaria e permanecía atrapado no interior do turismo.

De inmediato, trasladouse esta información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, así como ao servizo de mantemento da estrada.

Os bombeiros excarceraron ao ferido, que foi trasladado en ambulancia ao hospital.