Excarceran a unha muller despois de saírse da vía o turismo no que circulaba en Mazaricos

Imaxe dunha ambulancia 061

Unha muller resultou ferida a primeira hora do domingo en Mazaricos ao saírse da vía o coche no que viaxaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Santa Comba, ao quedar atrapada no interior do turismo accidentado.

O sinistro ocorreu na AC-400, ao fío das 8:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do accidente.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Santa Comba, do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Muros e de Protección Civil de Mazaricos.

Unha vez liberada, a muller foi atendida polos servizos sanitarios nunha ambulancia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha