Excarceran a unha persoa do interior dun coche accidentado en Negreira

Excarceracion bombeiros_arquivo.

Os equipos de intervención tiveron que excarcerar a unha persoa ferida na madrugada deste domingo do interior do vehículo no que circulaba e co que sufriu un accidente no concello de Negreira. Ademais, os medios axudaron a saír do vehículo a outro ocupante que non estaba atrapado.

A poucos minutos das 04:30 horas, un particular púxose en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para as persoas implicadas nunha saída de vía, na estrada DP-1302. Na comunicación, afirmaba que a colisión se producira na estrada de Negreira cara Urdilde, á altura da Ponte Insua.

De inmediato, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión e aos membros de Protección Civil do municipio.

Poucos minutos despois, e logo de actuar no lugar, os Bombeiros comunicáronlle ao 112 que dúas persoas resultaron feridas no accidente. Así, foi preciso que excarcerasen ao condutor do turismo, que estaba atrapado dentro do mesmo, e tamén lle prestaron axuda a outra persoa para saír da parte traseira do automóbil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha