Exhumados do Val de Cuelgamuros os restos de Primo de Rivera

Os restos mortais de José Antonio Primo de Rivera saíron este luns do val de Cuelgamuros, tras 64 anos enterrados xunto ao altar maior da basílica, e foron trasladados por decisión da familia ao cemiterio de Santo Isidro (Madrid), onde se viviron momentos de tensión e altercados coa policía por un grupo de falanxistas que quería acceder ao recinto. A exhumación do fundador da Falanxe comezaron sobre as seis da mañá deste luns na basílica do chamado antes Val dos Caídos a porta pechada e sen presenza de autoridades nin de prensa, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento, e durou máis do previsto inicialmente. Estaba previsto que a exhumación durase entre dúas e tres horas, pero alongouse un pouco máis pola existencia de tabiquería coa que non se contaba e que tivo que ser retirada para poder continuar coa operación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha