29
Do 9 ao 21 de decembro a agrupación municipal socialista de Santa Comba puxo en marcha unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros dirixida a mellorar o Nadal daquelas xalleiras e xalleiros que máis o precisan.
A resposta foi moi positiva, recibindo decenas de donativos de alimentos, roupa e xoguetes, novos na súa gran maioría, e que xa se entregaron este xoves a Cáritas Santa Comba. A agrupación emitiu un comunicado de agradecemento a este xesto por parte das persoas que participaron na campaña e desexan un bo Nadal e próspero ano 2023 a todas e todos.