Éxito da primera xornada de Geocaching celebrada en Malpica


O Concello de Malpica aposta este verán por actividades innovadoras e divertidas para que os nenos e nenas gocen coñecendo os recunchos da vila.
Este martes, 20 nenos e nenas de Malpica participaron da actividade GEOCACHING e pasárono en grande descubrindo tesouros agochados na contorna da Praia de Area Maior.
Eduardo Parga, alcalde do Concello de Malpica, recibiu aos participantes e desexoulles moita sorte na procura dos tesouros escondidos mentres desfrutaban da ruta e da paisaxe.