Éxito da segunda proba da Copa Deputación de Balonmán na Rúa en Cerceda

Imaxe das probas de Balonmán Na Rúa, na edición de Cerceda.

A segunda proba do Torneo 5×5 Deputación da Coruña de Balonmán que se celebrou esta fin de semana en Cerceda foi un éxito, tanto de asistencia de público como de participantes nun evento deportivo que congregou na localidade a centos de seguidores durante os tres días de competición.

Os campións desta segunda proba foron os equipos Abegondo Magics e Abegondo SuperStars, integrados por pequenos e pequenas deportistas entre os 6 e os 11 anos. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, foron os encargados de entregar as medallas aos gañadores e gañadoras das distintas categorías.

Tras as primeiras probas en Carballo e Cerceda, a competición continuará as vindeiras semanas en Ferrol, Muros, Arzúa e Ribeira, e rematará cunha gran final en Camariñas, entre o 19 e o 21 de maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha