Éxito da xornada de limpeza en Ponteceso con case 25 sacos de plásticos recollidos

Cedida

  • A actividade, organizada polo Concello e Mar de Fábula, desenvolveuse este pasado sábado

Unhas 25 persoas, entre elas o rexedor pontecesán, Lois García Carballido, participaron na xornada de limpeza organizada polo Concello e a asociación Mar de Fábula en dúas zonas de especial conservación como o esteiro do Anllóns e a praia de A Barra.

A actividade desenvolveuse ao longo da mañá deste sábado. O punto de partida foi o malecón, e posteriormente os voluntarios continuaron facendo un percorrido dirixido polo técnico municipal Javier Couto. A primeira parada fíxose en varios puntos do esteiro con «gran acumulación de bidóns e botellas de plástico agochados na xunqueira», destacan os organizadores, para continuar ata o areal, onde tamén se atoparon con grandes volumes de residuos, abundantes microplásticos e anacos de espuma sintética. Redes e madeira procesada completaron a longa lista de lixo atopado.

Tanto Mar de Fábula como o Concello destacaron o esforzo «inmenso» para retirar preto de 25 sacos de 100 litros por unha pendentes, polo que foi necesario formar unha cadea humana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha