Éxito de asistencia á Festa do Maior de Cerceda

Cedida.

O pavillón Limeisa acolleu este sábado a Festa do Maior de Cerceda, organizada polo Concello, na que participaron 460 persoas maiores de 65 anos do municipio e que supuxo o retorno deste tradicional evento que sufriu un parón nos últimos anos por mor da pandemia. 
Despois da comida, e antes do inicio das actuacións musicais, entregáronse os recoñecementos por parte do Concello ao home máis lonxevo presente, Jesús Mosquera Mosquera, nado en 1930, e á muller de máis idade, Francisca Don Rodríguez, do ano 1931. 
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, destaca que a Festa do Maior “é un exemplo de convivencia e neste caso unha continuacion do retorno das festas e dos eventos en Cerceda” e amosouse “moi contento de que así sexa, agardando que a comida e as actuacións musicais cumplisen coas expectativas”.