Éxito de asistencia de público ao ‘Entroido do Chorón’, na Milagrosa en Carballo

1 minutes read

Certo é que o día estivo climatoloxicamente espectacular, pero tampouco hai que quitarlle méritos á organización, dado que a comisión de festas da Milagrosa, que preside Luis Barca Añón, levaba moito tempo planificando esta festa que saíu redonda. Pode que fose a primeira de moitos Re-Nacementos do Chorón, parodia na que se baseou a celebración, o tempo o dirá. Houbo unha gran asistencia de público durante toda a xornada, dende a sesión vermú co Tren da Unha ate as sesións de dúo e de Djs, ata altas horas da madrugada. O “Choronciño” xa descansa como nunca para medrar como sempre na contorna do Fórum Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?