Éxito de participación dos deportistas da comarca no Día do Ritmo en Malpica

0 minutes read

O venres 28 de abril celebrouse o Día do Ritmo en Malpica, que a longo das súas edicións sempre logra moita participación de deportistas. O pavillón municipal foi o escenario dun espectáculo de deporte no que acudiron nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais de Malpica, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. No evento tamén fixeron a súa fermosa exhibición os nenos e nenas do Club Patín Velúa.
Dende o Concello de Malpica afirman que eventos como este poñen de relevo que na vila «apostan pola promoción de diferentes modalidades deportivas».