Éxito de participación na reunión celebrada polo BNI Salitre en Vimianzo

1 minutes read
  • Salitre, reúnese todos os venres ás seis e media da mañá no asador Montevideo de Vimianzo.

Os empresarios de BNI ACO SALITRE elixiron as instalacións do Pazo de Trasariz, en Vimianzo, para a celebración do seu case primeiro ano de vida. Con máis de 200 persoas, entre os que se atopaban os alcaldes dos concellos de Vimianzo, Cee, Dumbría, Cabana, Malpica, Laxe, Muxía, Camariñas, Santa Comba, Mazaricos, Carnota, Fisterra, Corcubión, A Baña e Sada, os empresarios da organización expuxeron as súas empresas demostrando que outra maneira de facer negocios é posible.

No acto entregouse un recoñecemento ás empresas que levan máis de cinco anos compartindo negocios baixo a ferramenta BNI, Roberto Seoane de Detegit (Carballo), Miguel Ángel Fernández, de Gradempres asesores (Vimianzo), Jesús Manuel Barrientos de Sysdegal (Cee), Xiao Barrientos de Ingenería Rias Baixas (O Porriño e Cee) e Alexis Rey de Avogadas Cee (Cee), e Cubiertas J. Fidalgo.

Un día de celebración, de agradecementos, que presentaron Noelia Barreira, directora de Íntegro e Toni Castiñeiras, actor afeccionado e traballador de Íntegro.