Éxito de público da Feira Labrega de Brión

1 minutes read

Gran éxito de público na edición de 2023 da Feira Labrega de Brión, organizada polo Concello de Brión en colaboración coa Asociación Darredor e o GDR Terras de Compostela. A choiva, principal inimiga deste evento e que xa obrigou á súa suspensión en máis dunha ocasión, non fixo esta vez acto de presenza, permitindo que os máis de vinte postos instalados na carballeira de Santa Minia puideran compartir os seus produtos coa veciñanza.

Uns produtos do máis variado. Dende os tradicionais postos de froitas e verduras, a produtos de segunda man e artesáns (cesteiro, contos tradicionais, cadros, xoiería…), cervexa artesanal… acompañados por un Food Truck onde o cociñeiro José Manuel Mallón ofreceu unha degustación de petiscos elaborados con produtos locais e de tempada. A música correu a cargo das integrantes da escola municipal de Música e Bailte Tradicional de Brión.