Éxito do bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia


Os galegos apuraron as súas solicitudes nada máis abrir o prazo, e 12 horas despois xa estaban expendidas as tarxetas dispoñibles nesta iniciativa posta en marcha para impulsar o turismo interno e axudar ao sector hostaleiro.

O éxito da convocatoria quedou patente no feito de que, nas primeiras horas, rexistráronse na sede electrónica da Xunta unhas 150 peticións cada cinco minutos, de tal maneira que en poucas horas quedaron servidas todas as tarxetas dispoñibles.

Os galegos mostraron a súa preferencia polas tarxetas de 500 euros, que coparon o 82% das solicitudes, en tanto que as de 375 euros acapararon o 10,3% do total, e o 7,3% restante foi para as de 250 euros. Hai que ter en conta que, en todos os casos, a Xunta aporta o 60% do total e os usuarios, o outro 40%.

A campaña é unha iniciativa de Turismo de Galicia en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e coa participación das deputacións provinciais de A Coruña e Ourense e pretende mobilizar 6,8 millóns de euros, coa participación de case 700 establecementos turísticos, un 24 % máis que na primeira convocatoria.