Éxito do curso de defensa persoal para mulleres impartido en Malpica

1 minutes read

Esta iniciativa estivo subvencionada desde a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O instrutor, membro da Federación Galega de Loita e Policía Nacional, Manuel Herbón Arias, ensinou ás participantes a defenderse ante unha agresión.

As alumnas desfrutaron aprendendo e agardan que pronto se realicen máis actividades deste tipo.

A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, explicou que «calquera de nós pode ser vítima dunha agresión e, aínda que sexa moi triste ter que decir isto, debemos formarnos para saber defendernos ante unha agresión», ademais na súa intervención indicou que “o ideal é que as nosas fillas puidesen aprender desde pequenas”.