Éxito do obradoiro de cociña de Nadal que organiza o Concello da Laracha

1 minutes read

As dúas primeiras quendas desta iniciativa realizáronse na Casa da Cultura, contándose con vinte participantes en cada unha delas, corenta en total. Nas dúas horas de duración de cada obradoiro aprenderon a elaborar doces típicos destas datas como turrón, cocadas e galletas.

Os días 2 e 3 de xaneiro levaranse a cabo as outras catro quendas restantes, do mesmo xeito con vinte participantes en cada unha delas. Ao estar todas as prazas cubertas, o total de asistentes a estes obradoiros de cociña infantil de Nadal ascenderá a 120 nenos.

Con esta proposta o Concello, ademais de ofrecer aos rapaces a posibilidade de aproveitar o seu tempo de lecer, tamén facilita aos seus pais a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.