0
A pesar das altas temperaturas, máis de 600 deportistas se deron cita, este domingo, na Poseidón Race Cerceda, unha carreira de obstáculos de máis de 10 quilómetros e 40 probas.
A cita deportiva levouse a cabo na contorna do parque acuático de Cerceda. Como colofón final, os participantes remataron a proba nos principais tobogáns da instalación.
A Poseidón Race Cerceda celebrouse por primeira vez logo do seu aprazamento no ano 2020 por mor da emerxencia sanitaria da covid-19.