Expectación ante a futura primeira ministra británica Liz Truss

Truss é considerada a candidata máis belixerante no que afecta as relacións entre o seu país e a Unión Europea. Como ministra de Exteriores publicou o proxecto de lei sobre o protocolo de Irlanda do Norte, que supoñería a ruptura dun acordo legalmente vinculante que o Reino Unido negociou coa UE. Hai poucas expectativas de que as relacións vaian mellorar. Se como primeira ministra, Liz Truss continúa optando pola acción unilateral, podería provocar unha guerra comercial e que a UE suspendese partes do acordo comercial como resposta. Con todo, ninguén quere que a situación se agrave. Especialmente coa guerra de Ucraína de fondo. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, felicitou a Liz Truss via Twitter e subliñou que «espera unha relación construtiva en pleno respecto de todos os nosos acordos».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha