O Partido Popular da Laracha preséntase ás eleccións municipais do 28 de maio con José Manuel López Varela como número 1 dunha candidatura renovada, formada por 27 homes e mulleres de perfís persoais e profesionais variados. Defínena como “xente preparada, implicada co municipio e disposta a aportar traballo, propostas e esforzo para mellorar a vida dos cidadáns”.
A candidatura do PP da Laracha ten dous avais fundamentais. O primeiro é o das persoas que forman parte do partido, combinando a experiencia dos máis veteranos coas ideas renovadas dos xóvenes e representando nelas ás trece parroquias do municipio.
O segundo aval é o da xestión eficaz e responsable á fronte do goberno local durante os últimos anos “que significou o progreso do Concello a todos os niveis”.
“O proxecto do Partido Popular para os próximos catro anos é realista e ambicioso, con propostas que xerarán ilusión e confianza na cidadanía e que pretenden continuar transformando A Laracha entre todos. Coñecemos o modelo de futuro que queremos para A Laracha e, o que aínda é máis importante, levamos anos demostrando que sabemos como levalo a cabo con garantía de responsabilidade, transparencia e eficacia”, afirman desde o PP.
A presentación pública da candidatura e do programa electoral dos populares da Laracha será o domingo 7 de maio na Casa da Cultura nun acto aberto a toda a cidadanía.
Lista completa:
- JOSÉ MANUEL LÓPEZ VARELA
- JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ BARBEITO
- PATRICIA MARÍA BELLO CANEDO
- MARÍA DEL ROCÍO LÓPEZ REY
- PABLO CAMBÓN BÉRTOA
- JOSÉ ALBERTO BLANCO VEIGA
- MARÍA ALMUDENA MARTÍNEZ PÉREZ
- VERÓNICA PÉREZ VERDÍA
- JUAN CARLOS AMADO COLLAZO
- ANA BELÉN RODRÍGUEZ VILAS
- MANUEL GARCÍA MONTES
- CRISTINA VIEITES CALVO
- FRANCISCO JAVIER SUÁREZ LISTE
- BEGOÑA DOMÍNGUEZ PATIÑO
- DANIEL ALEJANDRO REMUIÑÁN GRAÑA
- LUCÍA VARELA RABUÑAL
- JOSÉ MARÍA VARELA FRAGA
Suplentes
- ROBERTO MANUEL COTELO GÓMEZ
- JESÚS MANUEL RODRÍGUEZ CASTRO
- MARÍA PURIFICACIÓN GARCÍA MONTES
- MARÍA DEL CARMEN SERRANO FRAGA
- SORAYA GARCÍA COTELO
- JUAN CARLOS PEREIRA VÁZQUEZ
- VERÓNICA GÓMEZ BARREIRO
- JESÚS ALEJANDRO ABELENDA POSE
- ESTEFANÍA RAMOS MONTES
- TORIBIO GARCÍA RODRÍGUEZ