Experiencia e sabedoría para construír unha Galicia mellor

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou este domingo, durante un xantar no XXIII Encontro cos Nosos Maiores que organiza o Concello de Valga e que tivo lugar no pavillón de Beiro, que a Xunta continuará esforzándose día a día por avanzar na mellora dos servizos e atencións para as persoas de maior idade da nosa comunidade.

Na xuntanza de confraternidade de Valga, Fabiola García -á que acompañou o director xeral de Inclusión do seu departamento, Arturo Parrado- sinalou que non se pode construír unha Galicia mellor sen contar coa sabedoría e experiencia dos nosos maiores. “A Administración autonómica ten con eles -dixo a conselleira- un compromiso firme por tratar de achegarlles ao máximo posible os recursos e as prestacións que necesitan, sempre co obxectivo de que as persoas non perdan o contacto coa súa contorna, amigos e familiares”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha