Expertos médicos piden o confinamento e vacinar as 24 horas


Expertos mécicos da Universidade de Vigo, aseguran que o virus circula sen control e un confinameno extremo desde o punto de vista psicolóxico non sería moi ben acollido, pero desde o punto de vista da pandemia sería o mellor. Afirman que o pico desta terceira onda chegará nos próximos días cos efectos da festa de Reis e as cifras seguirán aumentado porque os contaxiados nas reunións familiares xa están infectando outras persoas fóra do círculo famliar. Un 15 por cento dos contaxiados enferman de gravidade, e deles, o 5 por cento acaban na UCI. Considerase que a campaña de vacinación en Galicia vai a bo ritmo pero non é dabondo. Cren que se debería estar inmunizando a unhas 200.000 persoas ao mes, uns dous ou tres millóns en toda España e que cada comunidade debería recibir as doses, non só polo ritmo de vacinación, tamén pola poboación, que no caso de Galicia é moi maior. A finais de mes poderían chegar as vacinas de AstraZeneca, pero deberíamos facer coma noutros países, vacinar durante 24 horas de xeito cointinuo.