21
Cando xa era de noite, este sábado rexistrouse unha explosión de gas en Bertamiráns, Ames. Con todo, non se rexistraron feridos, segundo indicaron fontes de Protección Civil. O suceso tivo lugar nun baixo a altura do número 74 da Avenida de Mahía. Ao lugar acudiron Policía, Bombeiros e Ambulancias, aínda que en principio todo quedou nun susto, ademais de considerables danos materiais.