ExpoCoruña, preparado para acoller pacientes se fose necesario

O xerente da área sanitaria da Coruña, canda outros cargos do Sergas, informou de que o acondicionamento de Expocoruña en unidade hospitalaria vai como prevían hai unha semana. En principio vai contar con 240 camas. Gran parte dos 10.000 metros cadrados do espazo central están proxectados como unha unidade de hospitalización para enfermos non graves de coronavirus. Dependería no seu funcionamento do coñecido como Chuac. «En 24 horas seriamos capaces de hospitalizar aquí pacientes, porque a infraestrutura está preparada e lista».

Insisten en que só se utilizará se os hospitais da Coruña non dan atendido todos os pacientes de COVID-19. Tamén amosou a satisfacción coa execución do proxecto o responsable médico da unidade hospitalaria de Expocoruña. Pedro Marcos incidiu en que o maior éxito sería que non fixera falta utilizalo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha