Exposición de cogomelos en Carballo da man de Lumieira


A Asociación Cultural Lumieira reuniu este domingo en Carballo, coincidindo co feirón, a moitas das persoas que participaron nas xornadas micolóxicas celebradas este mes nos montes da zona, e que colaboraron nunha exposición conxunta de cogomelos. Trátase dunha iniciativa para dar a coñecer as distintas variedades de cogomelos que temos nos nosos montes. Esta exposición podería tamén servirnos de axuda para tratar de identificalos cando saímos na súa procura.