- Os paneis están compostos por imaxes e recortes de prensa dos afundimentos acontecidos na costa camariñana
Este mércores quedaron instalados no paseo marítimo de Camariñas paneis con imaxes, recortes de prensa e todo tipo de documentación sobre os naufraxios acontecidos na costa da localidade.
‘Camariñas, caderno de mar e naufraxios’, organizada polo Concello en colaboración da Deputación da Coruña, é unha mostra ao aire libre no que os visitantes poden informarse sobre o afundimento do City of Amiens, o Yeoman, o Nil, o Banora, o Isabelita, o Serpent ou o afogamento dun matrimonio de pescadores.