Extinguido un incendio forestal en Asalo – Malpica

Foto.- Cedida.

Un incendio forestal puxo en alerta este luns ao 112 Emerxencias Galicia, que coordinou o envío de medios de extinción ao lugar de Asalo, preto de Mens, no Concello de Malpica de Bergantiños. Ao lugar acudiron unha brigada de actuación contra o lume da Xunta de Galicia e os Bombeiros do GES de Ponteceso, que coa súa rápida chegada e intervención apagaron o lume de forma controlada en cuestión de minutos.