Extinguido un incendio industrial de gran magnitude no porto de Sada

O parque provincial de Betanzos interveu nun incendio industrial no Porto de Sada. A nave ardeu por completo, con cámaras frigoríficas no seu interior, producíndose o colapso do teito e parte dun lateral.

Mobilizáronse medios dos parques provinciais de Arteixo e Ordes, Emerxencias de Oleiros, o SEM de Sada, SMPC Betanzos e Medio Rural. Tamén participaron Garda Civil, Cruz Vermella, 061, Control de Verteduras e o alcalde de Sada.

No punto traballaron dúas autoescaleiras, catro vehículos de primeira saída, dúas nodrizas e dúas motobombas forestais. O incendio deuse por controlado sobre as 22:00 horas deste martes e por extinguido ás 01:45 horas deste mércores.

Related posts

Licitada a construción de sendas peonís nas estradas DP-5602 e DP-1302, en Negreira

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material