Os bombeiros do parque provincial de Arteixo recibiron un aviso do 112 arredor das 15:25 horas deste domingo, no que alertaban dun posible incendio con vivendas en perigo en Loureda, no Concello de Arteixo. Á súa chegada traballaron conxuntamente con emerxencias de Arteixo para extinguir o lume que afectou ao monte, pero sen poñer en perigo ningunha vivenda.