0
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou este martes a profesionalidade e os coidados que reciben as persoas usuarias dos centros da Asociación Pro Enfermos Mentais (Apem) e de Aspadex para a atención a persoas con discapacidade intelectual. Díxoo durante a visita aos servizos residenciais, de atención diúrna e centro ocupacional que estas dúas entidades teñen en funcionamento no concello de Cee. Fabiola García salientou que nos últimos anos se ten avanzado moito na atención ás persoas con discapacidade. Neste sentido, garantiu o apoio da Xunta para que entidades como Apem e Aspadex poidan axudar cada vez a máis familias e leven os seus servizos a un maior número de persoas.