Fabiola García insta a Corcubión a xestionar o centro de día construído polo Concello

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou este xoves no Parlamento de Galicia que a Xunta colabora estreitamente cos concellos para mellorar a atención e os recursos ao alcance das persoas en situación de dependencia.

Neste sentido, e en resposta a unha pregunta parlamentaria, instou ao concello de Corcubión a seguir o exemplo doutros municipios que impulsan centros de día de titularidade municipal, cos que a Xunta colabora. Neste sentido, destacou que depende do alcalde poñer en servizo estas instalacións e que o Goberno galego colaboraría no seu funcionamento, como xa se realiza con outros centros de titularidade municipal, a través de axudas aos seus usuarios.

Na súa intervención, a conselleira destacou que o Goberno galego aposta por ofrecer ás persoas maiores diferentes alternativas e recursos. Neste sentido, lembrou medidas como o incremento de prazas residenciais, o Bono Coidado no Fogar ou a rede de Casas do Maior. Ademais, avanzou que a Xunta impulsa un novo plan que permitirá dotar a Galicia de 24 novas residencias e 1.800 novas prazas.

Related posts

‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’: campaña para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas polo 8M

O PIE da Laracha facilitará o acceso ao mercado laboral a 100 persoas desempregadas

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación