Fabiola García mantivo unha xuntanza co candidato do PP de Cee, Jesús Picallo


Picallo estivo acompañado pola portavoz popular local, Águeda Diaz, e a Exconcelleira de Servizos Socias do Concello de Cee, Mabel Fernández.

No encontro abordaron a necesidade de continuar mellorando a colaboración entre Administracións publicas para garantir os servizos de proximidade aos municipios do rural e dotar da mellor atención aos maiores e aos cativos en idades temperás. 

A xuntanza, caracterizada polo bo ambiente e a plena cooperación por parte da responsable da Política Social da Xunta, a representación do PP de Cee transmitiulle o seu interés en seguir avanzando nos coidados ás persoas de máis idade e incrementando os recursos e programas que este departamento autonómico ten en funcionamento no municipio ceense.

Fabiola García, como declarou tralo encontro o candidato popular Jesús Picallo, “amosouse en todo momento aberta e receptiva ás propostas que lle transmitimos para a mellora da calidade asistencial en Cee” como futuras actuación para que os maiores que así o prefiren poidan seguir vivindo nas súas casas e coas súas familias. Nesta liña, apuntou que a Conselleira garantiulle a súa “máxima colaboración” para dotar dos mellores e maiores recursos ás persoas dependentes do concello e da bisbarra.

Diálogo e colaboración

Por último, Fabiola García e o candidato popular acordaron continuar con esta liña de colaboración e diálogo institucional na procura de que os veciños e veciñas desta localidade teñan á súa disposición uns servizos e recursos sociais próximos e de calidade.