Fabiola García sinala que a campaña de verán ofrecerá un «lecer seguro» á mocidade galega

1 minutes read
Intervención da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Así o manifestou durante a presentación do programa de actividades que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro e que porá á disposición da xuventude galega un total de 7.830 prazas, mil máis que o ano pasado. O prazo para pedir solicitude será de sete días hábiles e comezará o vindeiro xoves 20 de maio, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Fabiola García sinalou que, como cada edición, inclúense tamén prazas reservadas para persoas con discapacidade de entre 11 e 41 anos —un total de 185—, así como para rapaces tutelados —outras 60 prazas—. Dentro da oferta desta campaña figuran campamentos para nenas e nenos de 9 a 17 anos, intercambios con outras comunidades autónomas, campos de voluntariado para maiores de 18 anos e minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos.

A campaña deste ano contará con tres novidades, por un lado, incorpóranse catro novas instalacións de campamentos: Bande, Parada de Sil, Cabana de Bergantiños e Silleda; recupérase o programa de intercambios bilaterais que se suspendera o ano pasado por mor da pandemia; e sumaranse 13 novos campos de voluntariado, ata chegar a un total de 40.