A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este venres aos maiores que participan do programa Xuntos polo Nadal na residencia de tempo libre do Carballiño onde sinalou que esta iniciativa permite manter o espírito do Nadal a todas aquelas persoas maiores que viven soas, “sempre desde o sentidiño e mantendo todas as medidas de seguridade”. Todos os participantes realizaron unha PCR previa á súa entrada na residencia e establecéronse dúas quendas de participación para evitar aglomeracións. Así, nesta primeira quenda están a participar 60 maiores entre as dúas residencias que chegaron o 22 de decembro e permanecerán ata o día 29. Na segunda quenda participarán preto de 90 persoas que pasarán desde o 31 de decembro ata o 7 de xaneiro. Como novidade, o programa converteuse este ano en 100% gratuíto para todos os participantes.
31