37
Facebook xa ten novo nome, a empresa matriz da popular rede social, e outras como Instagram ou Whatsapp chamarase agora Meta. O seu CEO e fundador, Mark Zuckerberg, anunciouno para cambiar o rumbo da súa, últimamente, golpeada compañía. A idea é marcar un punto e aparte. O novo logo será este que ven, un símbolo de infinito achatado, referencia tamén do metaverso, un mundo dixital, unha especie de vida online, que o magnate estadounidense quere liderar en internet.