Facebook, WhatsApp e Instagram sofren outra gran caída a nivel mundial

1 minutes read

Desde pouco antes das 13.00 horas, hora de España, os usuarios non podían subir publicacións, imaxes ou historias en Instagram, non podían realizar determinadas accións en Facebook como dar a ‘me gusta’ realizar publicacións ou, no caso de que funcionase, tardaba moitísimo tempo en actualizarse, nin podían manter conversacións por Whatsapp e había problemas para o envío e recepción de fotos, vídeos e mensaxes de audio. Tamén se rexistraron incidencias con Pokemon Go, Twitter, Ebay e Tinder. A maior caída foi na rede de Instagram e Whatsapp, pero a caída afectou a todo o mundo, con especial incidencia en Europa. Aquí podes ver o mapa da caída mundial de WhatsApp, Instagram e Facebook.