Así se desprende do proxecto de orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se regula o pago mediante transferencia bancaria e xiro postal das débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
Trátase de ampliar as posibilidades de pago das que xa dispoñen os cidadáns e dar resposta a todos aqueles casos nos que o contribuínte non ten aberta unha conta en ningunha das entidades colaboradoras coa Atriga.
Esta medida enmárcase nas actuacións desenvoltas pola Axencia Tributaria de Galicia para reforzar e avanzar na información, e simplificar a asistencia a todos os cidadáns.
Neste marco, a Atriga tamén universalizou durante o 2021 a posibilidade de que calquera cidadán puidese aboar on line, -a través da Oficina Virtual Tributaria e cunha tarxeta de crédito ou débito- todos os ingresos xestionados por este organismo, para evitar os desprazamentos ás oficinas bancarias. Desde a súa implantación efectuáronse máis de 77.600 operacións.
Desde este ano 2022, habilitou a posibilidade de realizar nas súas delegacións o pago das autoliquidacións do Imposto de Sucesións e Doazóns, do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e de vehículos usados por importe de ata 3.000 euros a través dun TPV físico.