Facenda pagará ás comunidades autónomas antes do 15 de decembro

Foron o presidente e o vicepresidente das Canarias os que fixeron o anuncio tras reunirse coa ministra de Facenda en funcións María Jesús Montero. Aseguran que Montero se comprometeu a buscar fórmulas para pagarlles ás comunidades o que se lles debe antes de que acabe o ano.

Román Rodríguez, vicepresidente das Canarias: «as entregas á conta teranse que pagar si ou si antes do 15 de decembro, e ela sostén que o Goberno está buscando os mecanismos para facelo posible».

O PP anuncia que pedirá a comparecencia urxente da ministra Montero no Senado polo bloqueo do financiamento autonómico. Ciudadanos pide a súa reprobación por mentir sobre o informe da Avogacía do Estado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha