FACUA denuncia a Comapa por vender xamóns polacos Sierra Alpujarra coma se fosen de Granada

1 minutes read
  • Na súa etiqueta indícase, literalmente, «Xamóns Sierra Alpujarra. Granada. Xamón curado» pero os porcos dos que se extraen son criados en Polonia.

FACUA-Consumidores en Acción denunciou a Comapa, a maior distribuidora de ibéricos en España, provedora de Carrefour e titular da márca Xamóns Sierra Alpujarra, ante a Dirección Xeral de Consumo da Comunidade de Madrid por vender xamóns de Polonia coma se fosen de Granada. A asociación, que presentou a súa reclamación ante a Dirección Xeral de Consumo da Comunidad de Madrid por estar o domicilio social da empresa nesta comunidade, subliña que na etiqueta destes xamóns indícase literalmente «Xamóns Sierra Alpujarra. Granada. Xamón curado». Segundo denunciou a Asociación de Produtores da Alpujarra, os xamóns comercializados baixo esta marca proveñen de porcos criados no país polaco cuxa carne foi curada e envasada noutras provincias españolas, como Segovia, pero non en ningunha das localidades da Alpujarra granadina. FACUA indica que a etiquetaxe destes produtos pode provocar que o consumidor os adquira baixo a crenza errónea de que a orixe do xamón e a súa curación atópanse na Alpujarra granadina, cando non é así.