‘Fai clic o teu bocata’ | A aposta de Cabana por un consumo saudable dos produtos do mar

Cedida.

Nenas e nenos de Cabana de Bergantiños participaron este martes na actividade ‘Fai clic o teu bocata’, unha iniciativa impulsada pola Consellería do Mar para potenciar o seu interese polo consumo dos produtos do mar, incidindo nas dietas equilibradas e valorizar en conserva de Galicia.

Tivo lugar no Polideportivo municipal, onde lles transmitiron a unha vintena de participantes a importancia destes produtos na dieta, así como o fomento do seu consumo. A través deste obradoiro, puideron coñecer máis fondamente as especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos mariños.

Ademais de manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico, empregando produtos en conserva como base para realizar pratos sinxelos como un bocata.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha