»Faino por Galicia. Faino por ti», lema de campaña do PSdeG para o 12-X

1 minutes read

O PSdeG ten lema para o 12-X: »Faino por Galicia, faino por ti». O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, asegura que «agora é máis necesario ca nunca» dar «unha etapa progresista» a Galicia para remontar a situación de crise derivada da covid-19. “Para que ninguén quede atrás”, formulou, e apostou por construír “unha Galicia de progreso e benestar que defenda os intereses da cidadanía e que aposte por unha sanidade pública, universal e gratuíta e por fortalecer o estado do benestar”. Nese senso, Gonzalo Caballero avogou por dotar a Galicia da capacidade de “recuperar unha nova normalidade” na que haxa “máis emprego, máis benestar e mellores servizos sociais”.