Fairway abre as portas en Santiago da súa edición máis completa e internacional

1 minutes read

O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela acolle unha feira na que participan máis de 80 expositores nos que están representados os Camiños de Santiago e practicamente todas as comunidades autónomas, ademais de destinos de fóra de España (Portugal, Malta, ou Xapón, entre outros).

A inauguración oficial do evento desenvolveuse este mércores  e contou coa asistencia do deputado delegado do Camiño na Deputación de A Coruña, Antonio Leira, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, . Os codirectores do Fairway, Ana Trevisani, Manuel Oreiro e Tono Mugico, acompañaron ás autoridades no seu percorrido polos máis de 2.000 m2 de espazo feiral para despois proceder á apertura desta cita.

Os responsables do evento realizaron un repaso polas principais actividades que se desenvolverán nestas tres xornadas e salientar o récord de participación na feira, con máis de 80 expositores, e no Workshop, con 4.150 reunións de negocio programadas entre 40 turoperadores de 16 países de máis de 100 empresas vencelladas aos Camiños de Santiago. Unha das principais novidades desta edición será a Feira de Emprego. “Era unha antiga demanda do sector e, por fin, puidemos materializala. Realizáronse preto de 200 entrevistas de traballo e orientación laboral presenciais”, afirmaron.