Faladoiros, obradoiros e teatro na programación do 8M en Muxía

O Concello de Muxía conmemorará o Día Internacional da Muller do vindeiro 8 de marzo cunha programación centrada en varios faladoiros, obradoiros e teatro que se estenderán ao longo dos meses de marzo de abril.

O punto de partida será o propio 8 de marzo cando terá lugar a concentración e lectura do manifesto ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello. A partires de aí, case dous meses no que terá lugar actividades variadas e para todos os públicos.

Tras a presentación da programación do 8M, a concelleira de Cultura e Xuventude, Olalla Benlloch destacou que “estamos tremendamente orgullosas desta programación cultural que aposta pola igualdade e pola visibilidade a todos os niveis e abarcando todos os rangos de idade”.

“Esta é unha mostra máis da aposta en firme deste equipo de goberno pola igualdade e pola visibilidade da figura da muller, sen deixar atrás a ninguén e afondando no diálogo e no autocoidado como eixos da igualdade e da visibilidade”, engadiu o alcalde, Iago Toba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha