Falece a cantante italiana Raffaela Carrà aos 78 anos


  • Foi moi recoñecida en España grazas a éxitos como Fiesta ou Hay que venir al sur

A cantante e presentadora italiana, Raffaela Carà, faleceu este luns aos 78 anos despois dunha longa enfermidade. Así o confirmaron diferentes medios de comunicación do seu país de orixe, como a radiotelevisión italiana (RAI).

Foi un icono internacional, tanto dentro como fóra dos escenarios. A súa paixón pola vida, o seu sorriso e o súa personalidade fixeron de Carrá unha figura moi querida en Italia, España e América Latina. Cantante, actriz, presentadora de televisión… Foron moitos os ámbitos nos que destacou a italiana.

En 1992 estreou en RTVE o seu programa ¡Hola Rafaella!, un dos grandes éxitos da historia do entretemento do noso país. Moi querida tamén pola comunidade LGTBI, no ano 2017 recibiu o Premio World Pride. Iso si, se por algo podemos lembrar a esta artista é polos seus grandes éxitos musicais como FiestaHay que venir el sur ou Caliente, caliente.